Para os máis despistados ou para os novos, recordarvos que participamos no proxecto Voz Natura coa nosa charca, que inauguramos o curso pasado e á que chamamos "Wangari Maathai" en honor da activista keniata, a muller árbore, que tentou repoboar África e no 2004 foi premio nobel da Paz.
Grazas a todo o alumnado por participar nesta proposta buscando e prestando os libros para que todos poidamos desfrutar dos mesmos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario